TIM BURTON Á GALEGA

O Camiño de Santiago. Misterioso, de longa historia, envolto nunha sutil brétema que o fai desaparecer e, sobre todo, que o carga de lendas, mitos e contos que perviven ao longo do tempo sen perecer ante as mans dos homes que codician os seus segredos... mais ainda tendo todo isto como formas de gardar o sobrenatural, sempre haberá algún ladrón que sexa capaz de aventurarse no perdido.

Boas, ¿como andades? Eu poderia estar mellor, pois é tarde e estou ata as narices de estudar lingua castelá... polo que tomade esta entrada como un relax informativo, Bananatas meus.nda que o temario destes días é longo e non teño tempo para nada, hoxe logrei sacar un anaquiño para revivir o blog, e que mellor forma de facelo que traervos unha historia de vivos e de mortos.
Esta vez a proposta que vos traio veume de improvisto despois de que hoxe na clase Manolo o sacara a relucir. Obra do audiovisual galego, lembrándonos ao traballo do célebre Tim Burton e tendo ese toque propio que realza a historia do primeiro stop-motion estereoscópico europeo (e segundo do mundo) que xa vai cos petos cheíños de premios, invítovos a ver O Apóstolo, unha largometraxe creada e inspirada en Galicia de setenta e dous minutos de duración que mestura elementos fantásticos do folclore galego, o medo da terra e o humor máis rural. Con Fernando Cortizo na dirección do proxecto producido por Artefacto Producciones, un batallón de artistas dan vida a unha inusual e marabillosa narración visual que mostra os feitos da gran confusión que crearase na cabeciña de Ramón (Carlos Blanco), un fuxido da cárcere que rematará por buscar nunha estrana aldeíña de nome Xanaz posicionada no Camiño de Santiago un botín oculto hai tempo aló. Na súa andanza entre pétreas paredes e noites escuras atoparase con variopintas personaxes como o tétrico Don Cesáreo (Xosé Manuel Oliveira), o prácido Pablo (Jorge Sanz), o gordo Arcipreste (Paul Naschy) ou ben a confusa Dorinda (Geraldine Chaplin)...
E todos eles no seu conxunto facerán que o pobre peregrín véxase encamiñado a un dubidoso destino...  
Cal será o teu tras ver o filme?
 
 
Aínda que a historia está ben, o que eu resaltaría é o visual máis ca trama, polo que deixo un par de vídeos máis agora para que, xa de paso que estades, poidades ver como se fan estas produccións tan brillantes e repletas de traballo.
 



Comentarios

Lo más visto