NUN BOSQUE ANIMADO...

No corazón de Cecebre unha ánima en pena busca algunha amizade entre os vivos, un meniño revolteiro caza topos no sotobosque, un bandido con corazón pretende roubarlle as moedas ao sacristán e un pozeiro cunha perna de madeira rechía entre as árbores… E así, meus queridos Bananatas, é como todos á vez conforman a ánima dun bosque enteiro.


“Cando un home consegue levar á fraga a unha ánima atenta se entera de moitas historias… Entón comprende que existe outra ánima alí, infinitas ánimas: que atópase animado o bosque enteiro.” Comeza así a obra escrita por Wenceslao Fernández Flórez, galego, na procura desta (para min) marabillosa historia na que está  baseada ó filme que hoxe vos traio coma proposta. Nesta largometraxe dirixida por Jose Luis Cuerda entramos nas vidas dos distintos e particulares habitantes da fraga de Cecebre que, influídos polos condicionantes dunha vida rural que reflicte os ademáns dos principios do século XX, failles entrar nunha serie de situacións que van dende o divertido ata o tráxico nas súas vivenzas dentro da aldea.
O filme é excelente, en tódo-los aspectos. Gañadora de 5 Goyas (entre outras cousas) e sendo o célebre Alfredo Landa un dos protagonistas, esta película do xénero fantástico-cómico estreada no 1987 fai honor a unha excelente narrativa e representa fielmente o mundo e a esencia do pobo galego. En canto ao meu gusto se refire, direi que xa a vin cinco veces dende que a descubrín fai dous anos, estando no posto número un (xunto con Los Santos Inocentes) do meu repertorio de cine español favorito, polo que vola recomendo cos ollos pechados. Advirto xa de antemán: non é un producto audiovisual de tortas nin de velocidade, pois atópase envolto en todo momento por un ton poético e crítico que non todos saben captar ou ben aprezar. Se un es novo, posiblemente non lle agrade, pero ten que haber gustos para todo, non?
En fin, esta mensaxe é pois para aqueles que teñan o valor ou desexo de aventurarse na fraga: levade auga bendita, preparade o tirachineiro, agochade ben o tabaco no peto e lembrádevos de engrasar os xeonllos se non vos funcionan axeitadamente… pero, por suposto, non vos metades polo camiño: tede coidado con Fendetestas, mecasoensoria!


Comentarios

Lo más visto