GALEGOS E OUTROS SERES

Xa toca unha entradiña en galego, a verdade… polo tanto, vouvos amosar unha mostra de que os galegos somos unha raza única, e dou grazas que non estamos en peligro de extinción, mediante darvos a coñecer a un brillante autor da banda deseñada ao máis puro estilo galego.

O nome deste ser é Luis Davila, e é ghalegho ghaglegho. ¿Como sabemos isto? Pois home, porque todas as súas viñetas reflicten, dun xeito u outro, a forma de vivir dos galaicos. Cunha pincelada deforme pero precisa que caracteriza ós seus debuxos, aborda unha temática que comprende o rural, a política, o social, o patrimonio, e a historia, costumes e cultura galegas... Iso si, tamén hai que dicir que as ensina dunha forma puramente humorística que, aínda así, á súa vez agocha unha fonda crítica social da actual Galicia, cousa que as fai (ao meu parecer) perfectas e caralludas.
Este vigués comezou xa de moi novo nesta profesión dado a súa pouca formación académica aínda de pasar un tempo na Pablo Picasso, empezando cando era mozo a traballar nas viñetas semanais do xornal Faro de Vigo. Tal foi o éxito do rapaz nas súas primeiras publicacións que os directores o ficharon xa de fixo e alí leva dende entón, sendo un dos máis aclamados e queridos humoristas gráficos do territorio á vez que lle otorga popularidade ao xornal… e estou segura, poñendo a man no lume, de que cos seus corenta e cinco anos de vida ten aínda que sacarnos moitos pracenteiros sorrisos e simpáticas reflexións. Hoxe en día ten xa publicadas sete edicións das súas breves historias (de título O Bichero) que, sen esaxerar, se venden como churros.
E xa está feitiña a entrada, Bananatas. A continuación vos queda un vídeo con douscentos exemplos nos que podedes aprezar a súa capacidade creativa, pero lembrade: O Bichero ten páxina web cunha pata de pita metaleira según entras, así que de eu a vos miraría cales son as súas últimas novidades… Ata logiño, paspáns! 



Comentarios

Lo más visto