NUNHA NOITE DE LUAR

O son da gaita toca entre as árbores dun bosque celta, na compaña da lúa, mentres unha melódica voz canta verbas nun idioma que a xente non adoita escoitar en cancións. 
Sendo un luar na lubre, descubrimos entre a escuridade a súa luz.

Chegou o momento de presentarvos ao meu segundo grupo de música favorito aínda que, para servos franca, case podo afirmar que gústame tanto coma Nightwish (en moitas ocasións incluso máis). 
Ese colectivo musical do que vos falo non é outro que Luar na Lubre, unha banda de música folk galega que, para min, teñen un repertorio que recolle á perfección o espírito da tradición galega á vez que respetan o formato orixinal das cancións que interpretan. As súas vocalistas foron mudando ao longo dos anos, malia a súa brillantez non esmorreceu. Pasando dende Rosa Cedrón ata Sara Vidal e rematando en Paula Rey, Bieito Romero e os seus camaradas xa fixeron moitos discos exitosos e incluso chegaron a traballar co coñecido e recoñecido mundialmente Mike Offield. Este grupo musical orixinouse na cidade d' A Coruña hai xa máis de trinta anos e aínda seguen triunfando na actualidade, estando encadrados no marco da innovadora corrente de música celta tal e como acontece con outros músicos galegos aínda emerxentes.
Así mesmo, a súa labor cultural por facer prevalecer ao longo do tempo as letras de creacións populares ou ben de esenza histórica existentes pero xa esquecidas ou ben crear pezas propias e novidosas que dalgún xeito fagan revivir o interese por ese pasado os transforman nun conxunto, para min, moi importante dentro do repertorio galego.
Son moi grandes. Eu os adoro. Se credes que non fan ben o seu traballo, invítovos a escoitar unha pequena parte da súa obra, a ver se sodes capaces de non resistirvos a tararear esa musiquiña familiar que todos os que somos da terra coñecemos... Longa vida a Luar na Lubre, a por outros trinta anos máis!







Comentarios

Lo más visto